Dende a Asociación A Regionalista preténdese levar a cabo un programa de homenaxes a persoeiros senlleiros do eido musical no noso Concello de Teo.
Con este programa pretenderase saldar unha débeda histórica que temos cos distintos persoeiros destacados que nos dou a nosa terra e que formaron a moitos dos músicos do noso concello. Ao mesmo tempo tamén se converte nunha inmellorable ocasión para dar cita as distintas entidades e asociacións do noso concello para tocar xuntos e ter un día de convivencia entorno a estes persoeiros que colaboraron dun ou doutro xeito con eles.
Tamén como non, servirá de escaparate a modo de memoria histórica para darlle a coñecer a todods os veciños, tanto residentes como non, asi como ós visitantes actuais e petenciais, e ós aficionados á música, as persoas que asentaron as bases da música en Teo e estallaron as súas notas máis alá dos nosos límites levando o nome do noso concello.