Sexteto Enxebre Hermanos Lamas de Cornide. Centenario (1910-2010)
Fieis á cita anual, a Asociación Cultural A Regionalista edita o segundo libro dentro do Ciclo ‘Persoeiros da Terra’ dedicado ao Sexteto Enxebre Hermanos Lamas de Cornide. Centenario (1910-2010), e que recolle a vida da formación teense repartida en tres xeracións. A presentación do libro veu acompañada no seu día dunha exposición co material recompilado en hemerotecas e prestado para a ocasión polas familias e amigos dos irmáns Lamas: instrumentos orixinais, partituras centenarias e mesmo correspondencia desde a fronte en plena Guerra Civil do 36. Xunto a isto, foron múltiples as anécdotas contadas polos propios protagonistas e familiares. Todo este anaco de historia e vida na Galiza ao longo do século XX aparece recompilado no libro-monográfico de Homenaxe centenaria aos irmáns Lamas.A través das súas páxinas, entre outros moitos datos, descubrimos o auxe e proliferación das murgas, charangas ou músicas a partir do ano 1900, formacións que encarnaba o devandito Sexteto Enxebre e que ocuparon o elo perdido entre o cuarteto ou sextetos tradicionais (como as requintas) e as bandas de música. Neste monográfico queremos renderlle pois especial homenaxe -máis que merecida- a unha familia de artistas que durante case un século encheron de son e vida as terras de Teo e as de máis alá Oxalá que estes pequenos traballos como o aquí presentado contribúan a facer un chisco máis imperecedeira unha cultura como a nosa á vez que alimentan as inquedanzas duns mozos e mozas que soñan con sacar adiante un sen fin de proxectos culturais da terra que aman.
Centenario Sexteto Enxebre Hermanos Lamas de Cornide
Fieis á cita anual, a Asociación Cultural A Regionalista edita o segundo libro dentro do Ciclo ‘Persoeiros da Terra’ dedicado ao Sexteto Enxebre Hermanos Lamas de Cornide. Centenario (1910-2010), e que recolle a vida da formación teense repartida en tres xeracións.
A presentación do libro veu acompañada no seu día dunha exposición co material recompilado en hemerotecas e prestado para a ocasión polas familias e amigos dos irmáns Lamas: instrumentos orixinais, partituras centenarias e mesmo correspondencia desde a fronte en plena Guerra Civil do 36. Xunto a isto, foron múltiples as anécdotas contadas polos propios protagonistas e familiares. Todo este anaco de historia e vida na Galiza ao longo do século XX aparece recompilado no libro-monográfico de Homenaxe centenaria aos irmáns Lamas.
A través das súas páxinas, entre outros moitos datos, descubrimos o auxe e proliferación das murgas, charangas ou músicas a partir do ano 1900, formacións que encarnaba o devandito Sexteto Enxebre e que ocuparon o elo perdido entre o cuarteto ou sextetos tradicionais (como as requintas) e as bandas de música.
Neste monográfico queremos renderlle pois especial homenaxe -máis que merecida- a unha familia de artistas que durante case un século encheron de son e vida as terras de Teo e as de máis alá
Oxalá que estes pequenos traballos como o aquí presentado contribúan a facer un chisco máis imperecedeira unha cultura como a nosa á vez que alimentan as inquedanzas duns mozos e mozas que soñan con sacar adiante un sen fin de proxectos culturais da terra que aman.