Eu Xaquín, Xaquín Teo, un vello da aldea que chegou a ver mundo…
As asociacións culturais A Regionalista e Rosalía de Castro, ambas as dúas de Teo, representan o vindeiro 10 de xuño ás 19 h. no Auditorio da Ramallosa-Teo unha escenificación na que me vexo involucrado e son partícipe: «A vida de Xaquín Teo. Memorias dun baile».
A través da miña vida faremos unha viaxe pola Galiza do século XX, pasando por momentos dramáticos como a Guerra Civil, onde me feriron, ou a forzosa emigración. Experiencia reais de varios testemuños agrupados entorno á miña persoa.
Calquera de nós que tivese a sorte de poder escoitar os nosos maiores saberá do que estou a falar, pois saber do noso pasado axudaramos a frontar o futuro.
convidados estades !!!