Cando o Sr. Jesús Villar Souto era rapaz pasaba o tempo facendo enredos, é dicir, construía os seus propios xoguetes: «Daquela mandábannos co gando para o monte todo o día e tiñamos que buscar a maneira de entreter o tempo. A min sempre me chamou moito a atención a música, concretamente o son da gaita de fol, pero non había con que mercala, entón facía gaitas de algacén e algúnha frauta de sabugueiro. A música víñame de herdanza familiar, pois alá onde nacín, en Vilarín, no lugar de Cabana (Arzúa) meu padriño era un bo gaiterio e tiña formado, con meu tío e dous irmáns veciños, un cuarteto de gaitas de fol «Os Villares».
O repertorio do Sr. Jesus é moi variado, xa que toca pezas cun corte moi propio da Arzúa, que serían as que lembra do seu padriño e por outra banda as que aprendeu da súa estancia en Cacheiras-Teo (na Amahía), no val do Ulla. De entre o seu repertorio, quixemos destacar esta Ribeirana, muiñeira tocada de forma moi pousada, solemne e con moito gusto pois como el di: «Si se apura xa non é unha ribeirana«.
Esta é a nosa primeira entrega do que denominamos «Músicas de Teo». Cada quince días poderedes seguir puntualmente novas publicacións deste interesante traballo de campo desenvolvido por membros da Regionalista.
Enlace tenda: http://www.aregionalista.es/store/