Vámola Alboreando – Acordeón en Teo

LIBRO CORREXIDO_FINAL3_Maquetación 1

A chegada dos acordeóns a Galicia- primera metade do século XIX- provoca unha pequena revolución, convértense no animador por excelencia de bailes, estendéndose dunha maneira moi rápida alcanzando unha gran presenza no país, grazas a que souberon adaptarse moi ben ao noso folclore. Sabemos que están moi ligados aos bailes agarrados (valses, mazurcas, polcas,..)xa que eran os máis solicitados naquel momento pola mocidade pero tamén se fan un grande oco nos bailes soltos propios como muiñeiras e jotas.

 

Os inicios dos acordeonistas teenses déronse fundamentalmente cos devanditos acordeóns diatónicos, que son os que se coñecián naquel momento. Co tempo, moitos abandonaron o sistema de «botóns» cando descobren o de piano, cun manexo cómodo e a maiores máis accesibles economicamente. Para falar da repercusión que tivo o acordeón no concello de Teo, temos que mencionar unha figura singular, a do Sr. Francisco, de Castres-Oza, alcumado o –Madanelo-

LIBRO CORREXIDO_FINAL3_Maquetación 1

moi coñecido entre toda a poboación polo seu ben tocar e pola súa profesión » sarralleiro» percorría as aldeas arranxando todo tipo de útiles e enseres de cociña. Nos seus desplazamentos adoitaba parar nas tabernas que lle cadraban a man e interpretar de paso unhas pezas, foi asi como moitos se interesaron polo acordeón. O «Madanelo» deixaba o seu acordeón para que foran sarrallando nel, logo pasados uns días voltaba pola taberna a interesarse polos aprendices. Isto deu paso a paulatinas xuntanzas os domingos pola tarde na taberna, varios eran os acordeonistas que alí se citaban: os Srs. Sabino e Andrés Franqueiro, o Sr. Juan Alén, o Sr. Daniel Sanjurjo, os Srs. Alfonso e Manuel Blanco, …..quen ían tocando alternamente o que máis lles pracía.

Os nosos protagonistas aprenderon de vocación dun xeito autodidacta, uns dos outros, esto explica que moitísimos acordeonistas compartan case o mesmo repertorio, xa que todos beberían da mesma fonte nun inicio, aínda que a forma de interpretar sexa moi diferente pois depende moito do virtuosismo do músico en cuestión.

LIBRO CORREXIDO_FINAL3_Maquetación 1

O repertorio componse de innumerables ritmos, sendo moi recorridos os agarrados: valses, pasodobres ou tangos; nun espazo menor atópanse as muiñeiras, xotas valseadas e pateados para bailar o solto.

En ningún dos casos citados se trata de acordeonistas ambulantes, que están á procura de esmola, senón que o tanxer no acordeón foi un entretemento que serviu como medio de interacción comunitario, estimulador dos vinculos sociais entre os veciños a través da música.

Vaia na memoria do Sr. Juan Alén e os seus compañeiros de acordeón esta jota valseada que el nos interpretou.

 

Vámola Alboreando – As Xuntas

LIBRO CORREXIDO_FINAL3_Maquetación 1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Grazas ao labor das mulleres, mozas, nais e avoas a pervivencia e desenvolvemento do folclore galego estiveron garantizados ao longo do tempo. Cando se celebran as foliadas, ruadas, xuntas, seráns, polavilas, …é o sector femenino o encargado de realizar tal festexo, xa que a presenza de músicos é máis ben reducida, non tanto porque escaseen senón porque custaban cartos a contratación. Por este motivo son as pandeiretas as que conformaban o corpo musical principal, xa que elas tocaban de balde sen máis condición que pasalo ben.

Nestas xuntanzas onde as mulleres tiñan un papel protagonista, as pandeireteiras foron quen de se adaptar musicalmente ás novas modas nunha trasformación maxistral de pezas, moitas veces de orixen foráneo, chegadas vía radiofónica, televisiva, etc. Esta asunción de novos ritmos provocou unha adaptación do seu repertorio: pasodobles,danzas, rumbas, mazurcas,..Os máis deles eran agarrados que demandaban os mozos para poder achegarse ás rapazas. Xunto á novidade, conserváronse os ritmos autóctonos como a muiñeira e a jota para bailar o solto. Sen seren conscientes, estaban a facer evolucionar e enriquecer a cultura inmaterial do país.

A versatilidade e adaptación fan que superen as moitas trabas que sofre o folclóre galego ao longo do tempo. A guerra, a forte emigración ou o avellentamento son factores que azoutaban e deixan os pobos sen homes minguando as nosas raíces. De ahí a importancia e pontencial de mulleres como – Delfina Ribadulla  Golán, María Pena Castro e Palmira Balado Gil- foi vital para o folclóre en Galicia. Por eso e máis queremos realzar a figura femenina, a cal ten de xogar un papel fundamental na conservación das nosas tradicións orais.

O noso esforzo vese limitado moitas veces a mostrar a riqueza etnográfica. Cremos que así , rescatando da memoria a estas mulleres e a súa sabidoría, faremos parte de xustiza que merecen.

Neste corte queremos amosar no que consistiría unha » XUNTA» que, como reza a copla.

O que non sabe preghunta

no lugar de Procelas

onde é a casa da xunta.