Vámola Alboreando – As Xuntas

LIBRO CORREXIDO_FINAL3_Maquetación 1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Grazas ao labor das mulleres, mozas, nais e avoas a pervivencia e desenvolvemento do folclore galego estiveron garantizados ao longo do tempo. Cando se celebran as foliadas, ruadas, xuntas, seráns, polavilas, …é o sector femenino o encargado de realizar tal festexo, xa que a presenza de músicos é máis ben reducida, non tanto porque escaseen senón porque custaban cartos a contratación. Por este motivo son as pandeiretas as que conformaban o corpo musical principal, xa que elas tocaban de balde sen máis condición que pasalo ben.

Nestas xuntanzas onde as mulleres tiñan un papel protagonista, as pandeireteiras foron quen de se adaptar musicalmente ás novas modas nunha trasformación maxistral de pezas, moitas veces de orixen foráneo, chegadas vía radiofónica, televisiva, etc. Esta asunción de novos ritmos provocou unha adaptación do seu repertorio: pasodobles,danzas, rumbas, mazurcas,..Os máis deles eran agarrados que demandaban os mozos para poder achegarse ás rapazas. Xunto á novidade, conserváronse os ritmos autóctonos como a muiñeira e a jota para bailar o solto. Sen seren conscientes, estaban a facer evolucionar e enriquecer a cultura inmaterial do país.

A versatilidade e adaptación fan que superen as moitas trabas que sofre o folclóre galego ao longo do tempo. A guerra, a forte emigración ou o avellentamento son factores que azoutaban e deixan os pobos sen homes minguando as nosas raíces. De ahí a importancia e pontencial de mulleres como – Delfina Ribadulla  Golán, María Pena Castro e Palmira Balado Gil- foi vital para o folclóre en Galicia. Por eso e máis queremos realzar a figura femenina, a cal ten de xogar un papel fundamental na conservación das nosas tradicións orais.

O noso esforzo vese limitado moitas veces a mostrar a riqueza etnográfica. Cremos que así , rescatando da memoria a estas mulleres e a súa sabidoría, faremos parte de xustiza que merecen.

Neste corte queremos amosar no que consistiría unha » XUNTA» que, como reza a copla.

O que non sabe preghunta

no lugar de Procelas

onde é a casa da xunta.