`Polo san Xoán sécalle una raíz ó pan, polo San Pedro
sécalle a do medio e polo Santiago fouciños ó agro´
Aínda que os tempos foron mudando, a nosa transmisora, a Sra. Mercedes,
cóntanos coma para as viaxes a castela se organizaban en cuadrillas e eran aloxados -ao igual que antaño- nos cubertos onde, como é de supor, non había camas xa que as dependencias da casa quedaban reservadas para uso exclusivo da familia ou estaban ateigadas de xente.
O feito de acudir a Castela á seitura realizouse durante séculos e supuxo una importante axuda para soster una familia e manter un equilibrio económico nas terras da montaña de Ourense, uns cartos `extra´ pagados por día traballado co suor da frente. Verbo disto véñennos á mente os versos de Rosalía de Castro.
`Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos,
cando van, van como rosas,
cando vén, vén como negros´
Os que ían eran maioritariamente os homes e levaban as mulleres máis fortes que axudaban no labor e daban folgos no traballo, nesta época do verán as terras da zona quedaban desertas, os seus paisanos emigraban por tempada da seitura a gañar un pesiño na `sega do pan´ en Castela. Foi así coma, a Sra Mercedes de Viana do Bolo, aprendeu `a gala´ este canto libre interpretado na sega xeralmente polo mayoral. Home encargados de marcar as pautas na sega e tamén de lles dar folgos ás cuadrillas mediante cancións que axudaban a evadirse por uns instantes do cansazo que provocaba este duro labor.
Os cantos das mulleres e dos mayorales das cuadrillas daban xenio arreo para que seguiramos coa labor cara a adiante. Son as palabras da Sra, Mercedes.