A visión dada polos nosos maiores achegaranos ao Nadal dos tempos de antes co propósito de entender como se vivía a festividade natalicia. Na viaxe realizada tivemos a sorte de atoparnos con transmisor@s, que nos darán una visión xeral, centrándonos nos cantos propios deste tempo do ano.
Nas terras da Ulla os cantos natalicios son coñecidos como panxolas de Nadal; Dentro deste ciclo clasificamos os cantos segundo a temática e coincidindo cos días máis destacados: Noiteboa, Fin de ano, Aninovo e Reis. O procedemento era sempre e o mesmo, no día da conmemoración xuntábanse polo serán os panxoleiros; Comenzaba a andaina casa por casa pedindo licenza entrando nas eiras o son da gaita de fol. Se daban licenza, cantábase e a cambio recibían un aguinaldo, sendo convidados a entrar na casa a tomar algo onde se interpretaba outra peza como agradecemento. Cos cartos recadados era costume organizar un baile no tempo do Entroido.
A señora Pura de Sanin (Sergude-Boqueixón) quen, segundo lembra, a primeira cantiga que aprendeu con seis aniños grazas ás monxas que había en Lamas foi esta Canto de Noiteboa, xa hai máis de setenta anos. –Leváronme dúas-tres noites para a súa casa ata que aprendin para logo cantala na Igrexa- . Chámanos poderosamente o feito de que estea íntegramente en galego una narración destas características, con connotacións relixiosas en torno ao nacemento do neno Xesús. Cómpre reflectir que este canto non pertence ao ciclo propio dos panxoleiros, senón que a interpretación se reduce á celebración da misa solemne no día 25 de novembro. o que explica que non manteña os patróns das panxolas ( licenza e petición de aguinaldo).
Dicir que é una delicia escoitar o son belo que nace da gorxa da señora Pura de Sanín.
BOQUEIXÓN Música e Tradición. Libro CD.