A GAITA DE FOL NO BRASIL

Moita da nosa xente paisana que emigraban tiña coñecementos de solfa. Luís Martínez Blanco foi un deles, quen ademais de ser un bon gaiteiro, era saxofonista. Formouse na Banda Artística de Vilariño (Teo, 1941 – 1973) baixo a batuta de Don Gervasio Salgueiro Estévez: fundador e mestre da banda, quen ensinaba, de balde, solfa e instrumento aos rapaces da contorna interesados pola música. Luís, músico teense, destacou como interprete de saxo en São Paulo (Brasil), na `Orquestra Solera de España’, onde acadou un grande éxito na diáspora. Actuou durante dúas décadas ininterrompidas, nas que se mesturaba ritmos tradicionais (jotas e muiñeiras), temas de moda (década dos 60-70) ou paus brasileiros (samba, bossa nova…).

O noso agradecemento á Familia Martínez de Rarís e a Casa de Galicia de São Paulo. Grupo Lembranza e Agarimo https://www.facebook.com/lembranzaeagarimo/e Sociedade Hispano – Casa de Espanha.

“Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña” Cultura da Deputación https://www.facebook.com/daccultura/ Cultura da Deputación da Coruña

A gaita de fol no Brasil

Oito anos despois da chegada do ilustre músico teense, Luis Martínez Blanco, a São Paulo, en 1962, entra a formar parte do conxunto Grupo Lembranza e Agarimo o mestre Xermán Vázquez Soneira, o gaiteiriño dos Hnos. Lamas, levando aire fresco á formación coa aportación de pezas do sexteto Enxebre de Cornide·Teo. Neste intre, nace unha amizade eterna – compañeiros de fatigas- entre os dous grandes gaiteiros, Luís e Xermán. Máis dunha década dedicada á música na diáspora prolongándose no retorno ao país. Con eles, centos de aventuras, historias e melodías que resoan aínda no maxín e forman parte da cultura inmaterial galega. No recordo está presente Brasil, país que os colleu cos brazos abertos, dándolles unha oportunidade de prosperar.

“Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña https://www.facebook.com/daccultura/Cultura da Deputación da Coruña Grupo Lembranza e Agarimo https://www.facebook.com/lembranzaeagarimo/ Sociedade Hispano – Casa de Espanha