Todas las entradas de: Victor
Alvariza toca en ANM 2011
Este ano Alvariza ten o pracer de facer parte dos grupos que actuarán no ANM 2011 (asnosasmusicas).
Organizado por A Xesteira, será en Couso (A Estrada) o día 14 de agosto.
Toda a información de este evento podredes encontrala na seguinte web:
http://www.asnosasmusicas.org/
Ribeirana de Santiago
Canto de Cruces
Os cantos de Sema Santa -tamén coñecidos como ‘cantos das cruces’ na comarca da Ulla- realízanse no xoves e venres santo. Como seu nome indica, nun principio tiñan lugar no exterior da igrexa, no adro, facendo o viacrucis de representación e subida ó Monte Calvario. Co tempo e, por diferentes motivos como as protestas dos maiores que non podían seguir os actos debido á súa extensión -trece cruces- ou as inclemencias do tempo, foron pasando ó interior das basílicas onde participan todos máis comodamente. Esta mudanza ao interior dos recintos relixiosos non evitou que se seguisen a manter as tradicións percorrendo cada estación e deténdose xunto dela, momento no que se cantan estas pezas. Cada interpretación lembra, un por un, os momentos da paixón de Cristo nun acto que no seu conxunto rememora a historia cristiá a través destas cancións que, basicamente, describen a imaxe de cada estación (cada parada que fixo Xesús).
As estacións son: trece pequenas representacións que corresponden cos trece momentos da paixón de Xesucristo, ben realizados en grupos escultóricos ou de pintura sobre lenzo, onde se observan con claridade os momentos máis destacables. En tempos pasados, onde a maioría da xente non sabía nin ler nin escribir, a execución desta actividade cumpre un papel importante na extensión da palabra de Deus entre os fieis. Estas imaxes axudaban a entender a liturxia na Semana Santa.
Desde A Regionalista procuramos darlle vida a unha pequena mostra oral, reducida, onde destacamos os momentos máis importantes da paixón: prendemento, flaxelación, Xesús carga coa cruz, coroación de espiñas (…) e, finalmente, a crucifixión.
Como a gran maioría dos cantos eclesiásticos estaban en castelán, con palabras e trazos dialectais propios da zona da Ulla, así os executamos. Nunha celebración cristiá en toda regra, transformada polos fregueses, as cantigas son de ton solemne, acordes co acto a celebrar, de melodía monótona, repetitiva e moi sinxela. Neste caso concreto consta de copla e estribillo: cada copla narra o momento da estación aparecendo intercaladamente o estribillo, que axuda a cambiar entre elas. Ao final este aparece pechando con certa énfase a composición, coincidindo coa morte de Xesús na cruz, nun momento en que se fan soar as carracas dende o fondo a igrexa (lugar que ocupan os homes) e desatando un son enxordecedor en todo o interior do recinto que axuda a teatralizar máis o momento da devandita morte, cando o ceo se cobre e forma unha gran treboada.
As carracas son un instrumento percutivo elaborado en madeira autóctona (castiñeiro, carballo…) que os mesmos rapaces construían e empregaban en diversos actos, alén do visto, por exemplo no Entroido. Sendo un trebello exclusivamente masculino en canto ó seu uso, cumpría un papel fundamental en Semana Santa: por un lado contribuía -como dixemos- a lle dar máis viveza á representación do acto da morte de Xesús e, ao mesmo tempo, facía máis atractiva a afluencia da mocidade para participar nestes actos. Este aliciente de tocar dentro da igrexa neste tipo de representacións hoxe en dia está case desaparecido ou mesmo prohibido .
A vestimenta, ata hai ben pouco, era loito rigoroso. As mulleres e mociñas ían todas cubertas coas mellores galas, dábanse a ver fermosas mantillas de velo e pasamanería; grazas ó uso tan recente das mantillas son moitas as que se conservan.
Estes cantos, que tamén forman parte da nosa cultural oral, están a perderse pois xa non se cantan nos oficios da Semana Santa e a súa consecuencia é a desaparición. A rotura interxeracional de transmisión oral –de pais a fillos- faise patente e con ela moitas composicións quedan no esquecemento. En concreto, esta peza puidemos recompilala grazas á Srª. Antonia Sánchez, natural do concello de Teo, e quen aos seus 90 anos recordou para nós os cantos eclesiásticos que ela aprendeu dos seus avós na igrexa por estas datas.
MUSICA NA NOITE en Solláns-Calo
a Regionalista organiza «Fuliada en Teo»
Ben esta idea fráguase na necesidade que temos os grupos e asociacións, en concreto as teenses, de establecer un contacto ameno e esperamos que fructífero entre as diversas asociacións do concello co motivo de tocar e bailar, pasalo ben nun acto social-lúdico informal.
Con esta xuntanza «fuliada» o que se pretende é por un lado presentar un evento organizado, cunha orde lóxica e necesaria para poder levar a cabo esta actividade e por outro buscar o contacto entre as diferentes entidades (mozos/as ) que se animen á devandita fuliada. Aínda que é pouca a distancia que hai entre os diferentes centros son escasos os contactos que mantemos dun modo informal e sen prexuízos polo que cremos firmemente que esta fuliada unirá máis a xente que defendemos as nosa tradicións.
Neste sentido podemos dicir que o concello de Teo é privilexiado, xa que conta cun gran número de agrupacións a prol do folklore, non hai máis que mirar o cartel, sen contar outras que non poden estar, xa que son datas propias de actuacións.
A idea da Regionalista é repetir a fuliada, dado que son moitas as mostras de interese e apoio que nos manifestaron as asociacións compañeiras.
Agradecer a colaboración do Concello e de todas as entidades que participan neste evento.
Alvariza estará no Serán en Santa Lucia (Santiago de Compostela)
O Sexteto Enxebre dos Lamas de Cornide no Alala
O día 12 de Xaneiro na Radio Televisión de Galicia, poderase ver unha presentación do Sexteto Enxebre dos Lamas de Cornide, a través do programa Alala. Según horario da CRTVG a difusión comenzará as 21h59.