O 31 de decembro participamos no Luar da CRTVG interpretando da man do mestre Xermán V. Soneira «Con el culo al Aire» un tema incluído no traballo de investigación -A gaita de fol no Brasil- Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña. http://www.aregionalista.es/wp-content/uploads/2022/01/luar2021.mp4
Todas las entradas de: chema
A Gaita de Fol no Brasil
Despois dun ano arduo de traballo, por fin ve a luz o noso traballo de investigación sobre a Gaita De Fol No Brasil.
O noso maior agradecemento a todas aquelas persoas que puxeron o seu grao de area para que esta actividade acadara cos obxectivos marcados, en especial, aos nosos protagonistas gaiteiros do Brasil, Germán V. Soneira e Luis Martínez Blanco, ás súas familias, á comunidade galega en São Paulo, que forma o colectivo “Lembranza e Agarimo”, e, con moito agarimo, ao compañeiro e amigo de fatiga, Fernando Daparte, quen fixo de intermediario do outro lado do charco.
Agradecer a financiación achegada polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña.
“Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña”
A Gaita de Fol no Brasil
Os nosos músicos no Brasil.
Luis Martinez Blanco, teense de proa, que por convicción e por paixón, foi músico de profesión no Brasil. Ademais de tocar en concertos e festivales coa “Orquestra Solera de España” tamén fai arranxos e ensina música na casa de Galicia de Sao Paulo. Para levar este soño musical, non dubidou en afiliarse ao sindicato de músicos profesionais no estado de São Paulo, o cal proporciona asesoramento e cobertura neste oficio. O noso agradecemento a xente do coro Grupo Grupo Lembranza e Agarimo de São Paulo https://www.facebook.com/lembranzaeagarimo/e Sociedade Hispano – Casa de Espanha por colaborar neste proxecto: A Gaita de Fol no Brasil.
“Actividade subvencionada pola Cultura da Deputación da Coruña» Cultura da Deputación da Coruña https://www.facebook.com/daccultura/
A Gaita de Fol no Brasil
Lembranza e Agarimo.
En 1954, Don Luís Martínez Blanco chega ao Brasil coa súa gaita, do obradoiro dos Poceiro (Pontevedra) e se constitúe o conxunto, á imaxe e semellanza a #Aires da Terra (Perfecto Feijóo·Pontevedra), Grupo Lembranza e Agarimo: todavía en activo, baixo a dirección do amigo Fernando Daparte (director musical) e a súa tía Mary Daparte (dirección de baile). A partituta que achegamos, corresponde á melodía de #Xota vella: posiblemente, a primeira peza interpretada pola gaita de fol no Centro Galego de São Paulo (Brasil).
O noso agradecemento a O Xaneiro Luís Xaneiro pola transcrición e a xente do coro Grupo Lembranza e Agarimo https://www.facebook.com/lembranzaeagarimo/de São Paulo e Sociedade Hispano – Casa de Espanha por colaborar neste proxecto.
“Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña» https://www.facebook.com/daccultura/Cultura da Deputación da Coruña,
A GAITA DE FOL NO BRASIL
Moita da nosa xente paisana que emigraban tiña coñecementos de solfa. Luís Martínez Blanco foi un deles, quen ademais de ser un bon gaiteiro, era saxofonista. Formouse na Banda Artística de Vilariño (Teo, 1941 – 1973) baixo a batuta de Don Gervasio Salgueiro Estévez: fundador e mestre da banda, quen ensinaba, de balde, solfa e instrumento aos rapaces da contorna interesados pola música. Luís, músico teense, destacou como interprete de saxo en São Paulo (Brasil), na `Orquestra Solera de España’, onde acadou un grande éxito na diáspora. Actuou durante dúas décadas ininterrompidas, nas que se mesturaba ritmos tradicionais (jotas e muiñeiras), temas de moda (década dos 60-70) ou paus brasileiros (samba, bossa nova…).
O noso agradecemento á Familia Martínez de Rarís e a Casa de Galicia de São Paulo. Grupo Lembranza e Agarimo https://www.facebook.com/lembranzaeagarimo/e Sociedade Hispano – Casa de Espanha.
“Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña” Cultura da Deputación https://www.facebook.com/daccultura/ Cultura da Deputación da Coruña
A gaita de fol no Brasil
Oito anos despois da chegada do ilustre músico teense, Luis Martínez Blanco, a São Paulo, en 1962, entra a formar parte do conxunto Grupo Lembranza e Agarimo o mestre Xermán Vázquez Soneira, o gaiteiriño dos Hnos. Lamas, levando aire fresco á formación coa aportación de pezas do sexteto Enxebre de Cornide·Teo. Neste intre, nace unha amizade eterna – compañeiros de fatigas- entre os dous grandes gaiteiros, Luís e Xermán. Máis dunha década dedicada á música na diáspora prolongándose no retorno ao país. Con eles, centos de aventuras, historias e melodías que resoan aínda no maxín e forman parte da cultura inmaterial galega. No recordo está presente Brasil, país que os colleu cos brazos abertos, dándolles unha oportunidade de prosperar.
“Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña https://www.facebook.com/daccultura/Cultura da Deputación da Coruña Grupo Lembranza e Agarimo https://www.facebook.com/lembranzaeagarimo/ Sociedade Hispano – Casa de Espanha
A gaita de fol no Brasil
Luís Martínez Blanco, nado en Rarís (Teo), foi o primeiro gaiteiro da Casa de Galicia en São Paulo (Brasil.1955). O teense de berce emigra ao Brasil, no ano 1954, na procura dunha nova vida. Neste mesmo ano xéstase a irmandade galega de São Paulo, da cal formará parte activa toda a súa vida. O Sr. Luís, con coñecementos de solfa, oficiará de gaiteiro e mestre na coral `Lembranza e Agarimo´ durante décadas, alternando a súa profesión de canteiro coa súa paixón pola música. Dende A Regionalista, queremos visibilizar a vida e obra deste galego de proa que coa súa gaita de fol, levou un anaco de terra ao Brasil.
O noso agradecemento á Familia Martínez de Rarís e a Casa de Galicia de São Paulo. “Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña” Cultura da Deputación da Coruña https://www.facebook.com/daccultura/Grupo Lembranza e Agarimo https://www.facebook.com/lembranzaeagarimo/ Sociedade Hispano – Casa de Espanha
PANXOLA DE FIN DE ANO.
O Sr. José Castro `Costiña´da parroquia de Lamas-Boqueixón. foi un dos mozos, de saír a cantar as panxolas, de ir casa por casa pedindo licenza, de bailar sobre o chan das cociñas no tempo do Nadal ………..
Segundo lembra o noso protagonista, o Sr. Costiña. –Para facer máis loables os cantos, os mozos repartíanse en dous bandos alternando nos pés, a gaita de fol marcaba a cadencia a seguir e dependendo da capacidade de cada un farían voces altas ou baixa. Para diferenciarse as parroquias empregaban tons identificativos, propios de seu, así deste xeito se varios panxoleiros coincidían na mesma eira a cantar, algo que ocorría en casas fortes de labrada como era a de Pazos de Rubio, onde pasaban ata cinco comparsas de panxoleiros, eran claramente diferenciados e debidamente atendidos.
Este canto de fin de ano remite aos textos interpretados na noite do 31 de decembro ao amencer do día seguinte, primeiros de ano. Os versos fan alusión á chegada do Aninovo co que se espera un tempo mellor que deixe atrás o malo do pasado. No mesmo faise mención ao sufrimento de Xesucristo, alegoría entre o ben e o mal como condición de pecadores que seremos xulgados polas accións acometidas; xunto a isto, a alusión a un dos primeiros milagres, dos máis estendidos na tradición, atribuídos ao neno Deus que narra como na fuxida a Xerusalén lle devolve a vista a un cego, logo de que este lle dea una froita.
A información facilitada polo don José Castro Suárez `Costiña´alcumado así polo nome que recibe a casa onde vive, resultou de especial relevancia xa que foi a única persoa capaz de recordar á perfección o ton e as letras das panxolas cantadas na parroquia de Lamas. De feito, e durante moitos anos, oficiou de panxoleiro cantando con gaiteiros como: Sr. Basilio de Rodiño, o Sr. Rosende `O da gaita Grande´ o Sr. Pepeiño da Casa Nova de Rodiño pequeño,…..
Neste corte sonoro deixamos constancia da riqueza e saber das nosas xente, como o Sr. Costiña.
AS PANXOLAS. PURA DE SANíN.
A visión dada polos nosos maiores achegaranos ao Nadal dos tempos de antes co propósito de entender como se vivía a festividade natalicia. Na viaxe realizada tivemos a sorte de atoparnos con transmisor@s, que nos darán una visión xeral, centrándonos nos cantos propios deste tempo do ano.
Nas terras da Ulla os cantos natalicios son coñecidos como panxolas de Nadal; Dentro deste ciclo clasificamos os cantos segundo a temática e coincidindo cos días máis destacados: Noiteboa, Fin de ano, Aninovo e Reis. O procedemento era sempre e o mesmo, no día da conmemoración xuntábanse polo serán os panxoleiros; Comenzaba a andaina casa por casa pedindo licenza entrando nas eiras o son da gaita de fol. Se daban licenza, cantábase e a cambio recibían un aguinaldo, sendo convidados a entrar na casa a tomar algo onde se interpretaba outra peza como agradecemento. Cos cartos recadados era costume organizar un baile no tempo do Entroido.
A señora Pura de Sanin (Sergude-Boqueixón) quen, segundo lembra, a primeira cantiga que aprendeu con seis aniños grazas ás monxas que había en Lamas foi esta Canto de Noiteboa, xa hai máis de setenta anos. –Leváronme dúas-tres noites para a súa casa ata que aprendin para logo cantala na Igrexa- . Chámanos poderosamente o feito de que estea íntegramente en galego una narración destas características, con connotacións relixiosas en torno ao nacemento do neno Xesús. Cómpre reflectir que este canto non pertence ao ciclo propio dos panxoleiros, senón que a interpretación se reduce á celebración da misa solemne no día 25 de novembro. o que explica que non manteña os patróns das panxolas ( licenza e petición de aguinaldo).
Dicir que é una delicia escoitar o son belo que nace da gorxa da señora Pura de Sanín.
BOQUEIXÓN Música e Tradición. Libro CD.
CANTO DE CARRETEIRO. MANUEL NIEVES.
Manuel Nieves e Carmen Mareque Picón. Deseiro-Sergude. Boqueixón.
De par do noso amigo José Caneda Mareque realizamos moitas viaxes polos lugares de Sergude, Lamas, Vigo, Rodiño,… Na primeira visita aos seus familiares en Deseiro de Arriba, coñecemos a Manuel Nieves e a súa dona Carmen Mareque. Xunto a eles recordamos cousas –das de antes– son das derradeiras persoas que viviron foliadas na parroquia, como se xuntaba a xente no lugar para, ao abrigo, bailar o solto ao son da pandeireta.
Mentras conversábamos, os noso protagonistas alternaban cantando, nunha destas o Sr. Manuel comezou a botarlle unha melodía das que acompañaban o paso dos carreteiros, sendo a súa voz aos noventa anos mostra suficiente para comprobar nela o sentimento dun bo cantador. Reflictir que o noso protagonista aprendeu estas coplas dun carreteiro de Ardilleiro –Ramón do Cabreiro.- aquel home cantaba que o levaba o demo¡ segundo baixaba do Pico escoitaba a súa voz resoar no fondo de Sergude, era increíble e eu como me gustaba moito cantar e daquela cantaba ben porque a garganta axudaba, escoitaba aquelas coplas e xa me quedaban retidas na cachola.
Lonxe das comodidades que nos rodean na actualidade, a vida ao carón da natureza dos nosos transmisores era dura e sufruda, mais estimulaba lazos de convivencia vecinal reforzando os vínculos que os unían. Como recodan Manuel e Carme: Criámonos nun momento no que as casas e eiras estaban abertas, pasabas dunha para outra sen máis. A comida repartíase con quen fora e dentro da pobreza que había compartíase cos máis pobres. Eramos todos máis ou menos iguais.
O modelo de sociedade perdido axuda a entendermos o por que da unión existente nas celebracións comunais. Hoxe ao par que esta desaparece, vanse co tempo as tradicións no pobo.
Vai na memoria de don Manuel Nieves este canto de carreteiro. Onde queira que este, a súa voz siga a resonar dende o máis alto do Pico….
BOQUEIXÓN. Música e Tradición.