O pasado sábado 29 de setembro presentamos o primeiro disco de Alvariza en Lume na palleira. Aquí vos deixamos un recordo da nosa visita e o enlace onde podedes escoitar a entrevista e diversos cortes (2ª h. do programa):
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/lume-na-palleira-lume-na-palleira-do-dia-29-09-2012-429412
Todas las entradas de: noia
ALVARIZA presenta seu disco ‘ONCE BADALADAS’ en ‘LUME NA PALLEIRA’ (CRTVG)
Este sábado na radio galega a partir das 17.00 h.
Comenza a andaina de «Once Badaladas«, este novo traballo musical de Alvariza que chega coa entrada do outono dando resposta a unha forma propia de entender a nosa música, a música do país. Este sábado 29 de setembro estaremos no programa da Radio Galega música «Lume na palleira» da man de Emilio Españadero.
Presentación de ‘Vámola alboreando’ na Tarde da Radio Galega (min. 31.25)
‘Vámola alboreando. Músicas de Teo’ en ‘A Tarde’, magacín da CRTVG
Presentación do libro ‘Vámola alboreando. Músicas de Teo’ na CRTVG no programa A Tarde, conducido por Cristina García e cos transmisores a Sra. Antonia Sánchez e o Sr. Germán Soneira.
Presentación do domingo pasado: Vámola alboreando. Músicas de Teo
O domingo pasado tivemos a presentación do libro ‘Vámola Alboreando. Músicas de Teo’. Aquí vos deixamos unhas fotiños do evento.
‘Vámola alboreando. Músicas de Teo’ na CADENA SER
Mañá sábado presentamos en A Vivir Galicia da Cadena SER o libro, da man de Luis Iglesias, a iso das 13.30 antes do acto oficial que terá lugar este domingo 23 ás 18 h. no que contamos cos transmisores en directo -verdadeiros protagonistas-, o público que sodes vós, diversos membros da Real Academia Galega, autoridades e organización -A Regionalista. Convidados estades!!!
Recordo a Fito Donmínguez, fundador de A Roda
Pasamento de Avelino Pousa Antelo
Jota de Rodiño, Sergude
O Sr. Roberto Casal Devesa ten 92 anos, nativo de Lestedo leva a maior parte da súa vida en Rodiño – Sergude. Ensinoulle a bailar o panadeiro de Crespo-Lestedo cando tiña 14 anos e dende aquela xa non deixou asistir ás festas con máis sona no lugar para se mover ao son da música: o patio de Sta Cruz, os Dolores de Vedra,… Lembra nos diferentes bailes aos que asistía que cando comezaba a bailar o solto a xente paraba toda e facíanlle un corro para os contemplar e lles aplaudir.
Nos seus inicios comezou a tanxer os seus primeiros puntos con Josefina “de Xaquín”, momentos que recorda con moito cariño. Anos máis tarde o seu curmán e mais el formaban un pequeno grupo de só dúas parellas coas irmáns Candalas de Trove, que axeitaban moi ben.
Ao sr. Roberto só lle gusta bailar ao son das bandas, inda que recorda as festas de pandeireta, acordeón ou gaita mais el non acostumaba participar delas. Os ritmos cos cos que mellor axeitaba eran os que marcan as músicas; no recordo aquelas jotas pausadas ou as muiñeiras avivadas eran as que mellor lle ían.
Unha das súas teimas foi ensinarlles a bailar o solto aos fillos, o cal conseguiu con algún deles. Desde cativos, na casa puña música de banda e amosáballes os pasos e logo nas festas patronais facíalles bailar o aprendido.
El cóntanos que para ser bo bailador hai que ter a cualidade de entender a música que soa, pois ela indícache o que tes que facer en cada momento. Xunto a isto, cómpre ter unha parella ben espabilada que estea á altura, sempre bailando con todo o corpo, como di el: “ter xeito ou dar ghrasia ó bailar. Ghrasia non de dar risa senón de mostrar porte, elegancia, talante e presenza cando un baila”.
Seráns na Casa
Dende fai uns anos vense celebrando con gran éxito os “seráns da nasa” que son a máxima expresión viva do noso folklore. Conservado gracias os numerosos xóvenes que alí se dan cita, o igual que os grupos musicais que acuden, de todo o pais , para participar nestes seráns.
Neste último serán da temporada presenta ALVARIZA a súa nova formación de “ORQUESTINA.” Estes grupos musicais situanse na transición entre as bandas de música e as orquesta modernas. Presentan unha moi rica instrumentación, como: clarinetes, saxo, acordeón, frauta, gaita, caixa e bombo con pratiños, co que mesturan os ritmos máis tradicionais cos máis recentes e modernos.
Para esta ocasión a ORQUESTINA DE ALVARIZA decantarase polos ritmos propios para bailar o solto, muiñeiras e xotas, manifestando asi unha fonda preocupación pola música de raiz que veñen investigando dende hai 15 anos , baixo a responsabilidade da A. C. A REGIONALISTA .
Xunto con ALVARIZA, o vindeiro 29 de abril do 2009, estarán apartires das 21:30 os seus compañeiros e veciños de Teo, “ FARGALLOS” encargados de iniciar o serán e logo “ A MAMOA” Luou- Teo e para rematar e pechar este serán “ OS REPUBLICANOS ”