FARGALLOS nace a finais de 2005 reunindo a mulleres e homes que provindo doutras formacioóns se xuntan para mostrar os instrumentos percutivos tradicionais (cunchas, pandeira, pandeireta, sacho, botella de anís, lata de pementón, pandeiro, adoufes…) así como a voz que animaba as ruadas.
Sra. Valentina. Terras Alistanas |
No seu repertorio podemos escoitar pezas tanto da ladeira dos Ancares leoneses, Zamora, Lugo, da raia Portuguesa como da Costa da Morte, Bergantiños ou de Ourense. O intenso labor de investigación, realizado por todos os seus compoñentes, supón un referente cultural no eido da música e do canto tradicional. O seu repertorio recolle muiñeiras, cantos de arrieiro, jotas, muiñeiras vellas, maneos e todo tipo de ritmos bailables que se poidan pensar e que pertencen ó patrimonio que Galicia deixou dentro e fóra das súas fronteiras políticas ó longo de séculos de historia. |
No seu repertorio podemos escoitar pezas tanto da ladeira dos Ancares leoneses, Zamora, Lugo, da raia Portuguesa como da Costa da Morte, Bergantiños ou de Ourense. O intenso labor de investigación, realizado por todos os seus compoñentes, supón un referente cultural no eido da música e do canto tradicional. O seu repertorio recolle muiñeiras, cantos de arrieiro, jotas, muiñeiras vellas, maneos e todo tipo de ritmos bailables que se poidan pensar e que pertencen ó patrimonio que Galicia deixou dentro e fóra das súas fronteiras políticas ó longo de séculos de historia.
Hoxe por hoxe sabemos que unha gran parte do noso folklore mantivose vivo, non só os grandes gaiteiro-músico ou as súas formacións, gracias a un sen fin de «descoñecidas» personas; As Pandereteiras, que mantiveron vivos tantos seráns, ruadas, fiadas, foliadas, esfolladas, seituras… e decir pequenas xuntanzas que se daban lugar en tódalas vilas. A Elas queremos homenaxear, transmitindo este legado que amablemente nos amosaron.
FARGALLOS son:
Sonia Muíños, pandeireta, pandeira/o, lata, cunchas e voz.
Laura Iglesias, pandeireta, pandeira/o, lata, cunchas e voz.
Vanesa Refojo, pandeireta, pandeira/o lata, cunchas e voz.
Julia Pozo, pandeireta, pandeira/o, lata, cunchas e voz.
David Pedreia, pandeireta, pandeira e voz.
Hugo González, pandeireta e voz.
Fernando Estévez, pandeireta, pandeira e voz.