Aquí presentamos o cartaz para o Curtulgal 2012 da Regionalista no que presentamos o domingo día 2 ás 13.30 no Garaxe o noso libro «Vámola alboreando. Músicas de Teo». Convidad@s estades!!!!!!!
Aquí presentamos o cartaz para o Curtulgal 2012 da Regionalista no que presentamos o domingo día 2 ás 13.30 no Garaxe o noso libro «Vámola alboreando. Músicas de Teo». Convidad@s estades!!!!!!!
A Sra. Pepa foi unha das tantas rapazas que veu vivir a Amahía procedente da montaña. Os «montañeses» era o alcume polo que eran coñecidos os que proviñan das terras altas. Non é un nome pexorativo, pois esta xente estaba moi ben vista ao ser considerados moi traballadores e honrados. A migración interior provocaría a mestura de diversas expresións culturais.
No que nos atinxe, neste caso a música, prodúcese unha simbiose que funciona á perfección concretada nesta jota que nos interpreta Sra. Pepa. Nada en San Xoán de Fecha, onde pasa parte da súa nenez e aprende a tocar a pandeireta, viaxa cos seus pais para asentarse no lugar de Penelas onde rapidamente estreita lazos coa mocidade do seu tempo, comezando sen se decatar unha interculturización e adaptación folclórica. Músicas e melodías, manifestacións foráneas, son rapidamente asimiladas formando parte íntegra dunha nova comunidade.
A nosa trasmisora recorda: «Elas aprenderon algunhas das miñas e eu collín das súas. O caso é que cando tocabamos todas para o baile nunca houbo ninghún problema. Cos meus tons ían moi ben as coplas que tiñamos».
Sábado 10 de novembro do 2012 levarase a cabo a presentación do libro «A requinta adobada» no pazo da peregrina en Bertamiráns-Ames ás 19.00 h. Nel atoparemos 100 partituras coas que comezar a tocar a requinta.
Cando o Sr. Jesús Villar Souto era rapaz pasaba o tempo facendo enredos, é dicir, construía os seus propios xoguetes: «Daquela mandábannos co gando para o monte todo o día e tiñamos que buscar a maneira de entreter o tempo. A min sempre me chamou moito a atención a música, concretamente o son da gaita de fol, pero non había con que mercala, entón facía gaitas de algacén e algúnha frauta de sabugueiro. A música víñame de herdanza familiar, pois alá onde nacín, en Vilarín, no lugar de Cabana (Arzúa) meu padriño era un bo gaiterio e tiña formado, con meu tío e dous irmáns veciños, un cuarteto de gaitas de fol «Os Villares».
O repertorio do Sr. Jesus é moi variado, xa que toca pezas cun corte moi propio da Arzúa, que serían as que lembra do seu padriño e por outra banda as que aprendeu da súa estancia en Cacheiras-Teo (na Amahía), no val do Ulla. De entre o seu repertorio, quixemos destacar esta Ribeirana, muiñeira tocada de forma moi pousada, solemne e con moito gusto pois como el di: «Si se apura xa non é unha ribeirana«.
Esta é a nosa primeira entrega do que denominamos «Músicas de Teo». Cada quince días poderedes seguir puntualmente novas publicacións deste interesante traballo de campo desenvolvido por membros da Regionalista.
Enlace tenda: http://www.aregionalista.es/store/
Este sábado 27 A Regionalista presentou o libro-cd «Vámola alboreando. Músicas de Teo» nos estudios da Radio galega, no apartado de ‘O recuncho da palleta’, da man de Pablo Díaz e Emilio Españadero. Como protagonistas Antonia Sánchez, quen aos 91 anos, co seu bo humor e sabedoría, nos deu mostra en canto á orixe das nosas raíces. Xunto a ela Germán V. Soneira, quen foi membro destacado dos Hermanos Lamas e dou fe da súa mestría tanxendo a gaita e cantando ao mesmo tempo.
Podedes escoitalo partir do minuto 17 no seguinte enlace:
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/lume-na-palleira-lume-na-palleira-do-dia-27-10-2012-452229
Aberto o prazo de inscrición para o que será a VI edición «Concurso de música tradicional» organizado pola A. C. A Mamoa de Luou en colaboración co concello de Teo. A data señalada para o evento será o próximo 28 de Outubro de 2012 no local social de Luou- Teo. Para máis información consultade este enderezo electrónico www.facebook.com/acamamoa
O pasado sábado 29 de setembro presentamos o primeiro disco de Alvariza en Lume na palleira. Aquí vos deixamos un recordo da nosa visita e o enlace onde podedes escoitar a entrevista e diversos cortes (2ª h. do programa):
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/lume-na-palleira-lume-na-palleira-do-dia-29-09-2012-429412
Este sábado na radio galega a partir das 17.00 h.
Comenza a andaina de «Once Badaladas«, este novo traballo musical de Alvariza que chega coa entrada do outono dando resposta a unha forma propia de entender a nosa música, a música do país. Este sábado 29 de setembro estaremos no programa da Radio Galega música «Lume na palleira» da man de Emilio Españadero.