‘Vámola alboreando. Músicas de Teo’ en ‘A Tarde’, magacín da CRTVG
Presentación do libro ‘Vámola alboreando. Músicas de Teo’ na CRTVG no programa A Tarde, conducido por Cristina García e cos transmisores a Sra. Antonia Sánchez e o Sr. Germán Soneira.
Presentación do domingo pasado: Vámola alboreando. Músicas de Teo
O domingo pasado tivemos a presentación do libro ‘Vámola Alboreando. Músicas de Teo’. Aquí vos deixamos unhas fotiños do evento.
Vámola alboreando na prensa. Presentación mañá ás 18.00 h!!!!!!!
[iframe_loader src="http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/libro-cd-cebeiro-noia-sones-teo/idEdicion-2012-09-22/idNoticia-767440/" height="600" width="400" click_words="Facer click para ir a noticia" click_url="http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/libro-cd-cebeiro-noia-sones-teo/idEdicion-2012-09-22/idNoticia-767440/" ]
‘Vámola alboreando. Músicas de Teo’ na CADENA SER
Mañá sábado presentamos en A Vivir Galicia da Cadena SER o libro, da man de Luis Iglesias, a iso das 13.30 antes do acto oficial que terá lugar este domingo 23 ás 18 h. no que contamos cos transmisores en directo -verdadeiros protagonistas-, o público que sodes vós, diversos membros da Real Academia Galega, autoridades e organización -A Regionalista. Convidados estades!!!
Músicas de Teo
Dende Asociación Cultural A Regionalista, en colaboración co concello de Teo, queremos facerlle partícipe da IV edición do ciclo persoeiros da terra. O evento terá lugar o vindeiro domingo 23 de setembro ás 18:00 h. no local social da Ramallosa- auditorio tras da Casa consistorial- onde se levará a cabo a presentación do libro-cd «Vámola alboreando. Músicas de Teo» que recompila diversos temas interpretados orixinalmente por varios informantes do municipio teense.
Para tal ocasión contaremos coa intervención dos seus protagonistas (trasmisores), que interpretartan en directo o que son as músicas de Teo.
[iframe_loader width=’400′ height=’400′ click_words=’Ver Mapa en Grande’ click_url=’http://maps.google.es/?ll=42.794918,-8.549487&spn=0.00151,0.002524&t=h&z=19′ src=’http://maps.google.es/?ll=42.795172,-8.549359&spn=0.00151,0.002524&t=h&z=19&&output=embed’ ]
Recordo a Fito Donmínguez, fundador de A Roda
Festa do Demo
Como preludio ás grandes festas da Peregrina, comeza este xoves 23 de agosto a Festa do Demo. Esta personificación do mal percorre dende tempos xa esquecidos o centro histórico de Pontevedra facendo trasnadas de seu. Rematará tal escenificación na praza de Teucro onde dará comezo ás 21.30 unha verbena, ambientada na década dos anos cincuenta, a cargo dos nosos amigos CHICHISOS e do grupo de música ALVARIZA.
Pasamento de Avelino Pousa Antelo
Homenaxe a Anxel Casal
Dentro dos diferentes actos programados polo concello de Teo para homenaxear a persoa de Anxel Casal participará o grupo «ALVARIZA«, concretamente o domingo 19 de agosto, ás 20.30 na praza da Estivada da Ribeira (Montouto-Cacheiras) poñendo a música na ofrenda floral diante do monólito dedicado a Anxel Casal e ás vítimas da infamia en calquera tempo e lugar.